Campaña de Primavera


Cubre o formulario de abaixo 👇🏽

 

📝 Condicións de Participación – Campaña de Primavera 2025

A Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Puebla do Caramiñal pon en marcha a súa Campaña de Primavera co obxectivo de dinamizar o comercio local. A campaña estará vixente dende o 21 de abril ata o 17 de maio de 2025, ambos incluídos.

📌 Participación:
    •    Poderán participar todas as persoas maiores de idade* que realicen unha compra igual ou superior a 10€ en calquera dos comercios asociados.

*Poderán participar os menores de idade sempre que conten coa autorización da súa nai, pai ou titor legal. No caso de resultar premiado/a, será necesario que un adulto responsable o/a acompañe na entrega do premio.
A participación de menores de 14 anos implica necesariamente a autorización expresa dos seus titores legais para o tratamento dos datos persoais.
    •    Para participar, será necesario cubrir un formulario na App da Asociación, indicando:
    •    Nome e apelidos
    •    Número de teléfono
    •    Correo electrónico
    •    Nome do establecemento onde se fixo a compra
    •    Foto do tícket de compra
    

•    Cada tícket de compra dará dereito a tantas participacións no sorteo como decimales teña o importe total, ata un máximo de duas centenas, o que darían 20 participacions, equivalente a 200€ (ejemplo: importe 56€, daría para 5 participacións, 183€ daría para 18 participacións), sempre que se cumpran os requisitos anteriores.

🎁 Premios:
    •    Sorteo de vales de desconto.
    •    Os premios non poderán ser substituídos por diñeiro en efectivo nin trocados por outros bens ou servizos.

📅 Data do sorteo:
    •    O sorteo realizarase nos días seguintes ao remate da campaña e será comunicado a través das canles oficiais da Asociación.

🔐 Protección de Datos Persoais

En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento Xeral de Protección de Datos - RGPD) e demais normativa vixente, informámoslle do seguinte:
    •    Responsable do tratamento: Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Puebla do Caramiñal.
    •    Finalidade: Xestionar a participación na campaña promocional, realizar os sorteos e contactar cos/as gañadores/as. Os datos poderán empregarse tamén para o envío de comunicacións informativas e promocionais relacionadas coa actividade da Asociación, sempre que o/a interesado/a así o autorice.
    •    Lexitimación: Consentimento da persoa interesada ao cubrir o formulario.
    •    Destinatarios: Os datos non serán cedidos a terceiros, agás por obrigación legal.
    •    Dereitos: Pode acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos, dirixíndose á Asociación a través do correo electrónico oficial ou por escrito á súa sede.
    •    Prazo de conservación: Os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade do tratamento ou ata que o/a interesado/a solicite a súa supresión.

A participación nesta campaña implica a aceptación total das presentes condicións. Dándolle ao botón enviar, abaixo, supón a aceptación.


Introduce o teu nome para participar.
Este dato o recabamos para comunicarnos contigo no caso de gañar algún premio.
 
 
Envíanos unha imaxe de tíquet da compra.